Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.924

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA UNIDADE ACTUACIÓN ÁREA NORTE Nº 6 (RÚA ALCALDE MANUEL PORTELA) DO CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación da U.A. Área Norte nº 6 do Concello de Lugo, na sesión de asemblea xeral do 7 de febreiro de 2002, acordou proceder á exposición pública do proxecto de compensación da dita unidade área norte nº 6 (rúa Alcalde Manuel Portela) polo prazo de 20 días, que computará desde a data desta publicación. Estará exposto tanto no domicilio social da xunta de compensación como no Concello de Lugo (Departamento de Urbanismo); neste prazo poderanse presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Lugo, 8 de febreiro de 2002.

Francisco González Pérez

Presidente da Xunta de Compensación U.A.

Área Norte nº 6 (Rúa Alcalde Manuel Portela)

do Concello de Lugo