Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 18 do PXOU/avenidas Eduardo Pondal e José Malvar Figueroa.

No BOP nº 4, do 5-1-2001, inseriuse anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, situada entre as avenidas de Eduardo Pondal e José Malvar Figueroa, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía do 6-7-1999) na sesión do 13-12-2000, formulado, mediante iniciativa particular, polas entidades mercantís Construcuatro, Sociedad Anónima e Lagar de Saín, S.A., Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., José Manuel Otero Rey, José Luis Osorio Guitián, Julia Dasilva Portela, María Rosa Dasilva Portela, Francisco Mariño Barreiro, María del Pilar Osorio Guitián e María Esther Dasilva Portela, actuando como propietarios que representan máis do 50% da superficie dos terreos que conforman a citada unidade de actuación, coa finalidade de levar a cabo a súa xestión e urbanización, trámite previo á

construcción da xunta de compensación que se formalice como entidade urbanística colaboradora.

Durante o prazo de vinte días computado a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churuchaos, nº 2), e formularanse as alegacións procedentes, servíndolles tamén este anuncio de notificación a Mª Esther Cendón Amaro, José M. Casal Piñeiro, M. Isabel Limeses Cotarelo, Juan del Castillo Martínez, Juan M. Gómez Moreno, Ovidio Rodríguez Otero, Isolino Portela Castro, Rita Ferreiro González, César González Pérez, Rosa María Tascón Crespo, Humberto Antonio Río Ríos, José Campos

Vidal, Victoria Rodríguez Fernández, José Manuel Peón Peón, Rosa Barreiro Pérez, M. Josefa López Martínez, Miguel Ángel González Costa, Francisco José Abilleira Fernández, José Rey González, Peregrina García Mayo, Teodoro Cezón Hurtado, José Rodríguez Monteagudo, Eduardo Argibay Solla, Silvino Maquieira Castro, Julia, María Esther y María Rosa Dasilva Portela, Clementina Maquieira Varela, María del Pilar Osorio Guitián, Luis Carrasco Peralta, Alfredo Salgado Fernández, Wenceslao Velasco Garrido, M. Pilar Carrera García, Julio Iglesias Piñeiro, José Sanmartín Vidal, Manuel Otero Rey, Francisco Mariño Barreiro, María Carmen Pérez Gómez, Promotora Vasera, S.L., Francisco José Abilleira Fernández, Antonio González Alonso, Otilia Vila Sexto, Asela Fernández Estévez, Francisco Tilve Piñeiro, Sebastián Pintos Loureiro, Amelia Janeiro Salas, M. Jesús Reguera Limeses, María Sol Fernández Montoto, Arnoga, S.A., Arsenio Taboada Fraiz, Rudesindo Lago Taboada, María Luisa Castro Castro, Manuel

Touza Prieto, Eduardo Rivas Pazos, Antonio Rey Nieto, Florencio Moreno García, Manuel Emilio Albarrán Juárez, Luis Artime Prieto, M. Luisa Comesaña Portela, Herminia Rodríguez Mosquera, Maribel Lareo García, Manuel Calvo Casas, Fernando Nieva Sánchez, Benigno Jesús Ogando Martínez, Ramiro Arjones López, Fabio Reverendo Vázquez, José Manuel Irimia Vázquez, Camilo Gómez Outeda, Juan Manuel Coego Buján, Amelia Teresita Astray Mariño, Jorge Luis Santos Solla, Fernando Campos Pose, Basilio Rodríguez Tilve, Manuel Dasilva Pintos, Urbano Pena González, Elena Barros Pereira, Alfonso Acuña Pereira, Tarsila Vidal Cerviño, herdeiros de María del Carmen Mejuto Pérez, Luis Peso Pérez, Daniel Araújo Muíños, César Manuel González Ces, Manuel Justo Adán, Manuel Luis Otero, Virogasa Virxen do Camiño, S.A., Juan José Otero Fuentes, Manuel Rodríguez Viéitez, Teresa Villalba Barros, Antonio Castaño Barreiro, José Antonio Oubiña Troncoso, Ramón Alberto Seco Fernández, Celestino San Andrés Alvite,

Alejandro Antón Piñeiro, Mercedes Martínez Sabarís, Elvira Dolores Fernández García, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non puideron ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puido practicar.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral