Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación Artesáns dos Camiños (ADC).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foi depositada a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Artesáns dos Camiños (ADC); a dita modificación consiste no contido do seu artigo 4, relativo ós fins da asociación.

Asina a acta de constitución Ana M. Alonso Pérez.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE