Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.904

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (421/2001).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 421/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o once de xaneiro de dous mil dous.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 421/2001, seguida por unha falta de lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, David Riveiro Bautis, denunciante e, como denunciado, Carlos Alberto Riveiro Bautis, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a Carlos Alberto Riveiro Bautis, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da CoruñaSección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado.».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a David Riveiro Bautis, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o once de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS

DA CORUÑA