Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.900

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Por Resolución do 8 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario

Oficial de Galicia nº 9, do 14 de xaneiro, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Cura San Juan, Alejandro del76411866R53, 54

Fernández Civeira, María Cristina44462202M55

Gago García, José Daniel33345405M51

García Carballo, Marta36153394Q55

García García, Roberto José50709572T55

Gómez Pardeiro, Vera33321510F10

González Martínez, José Ramón76937356X21

López Morán, Cristina53162092F55

Causas de exclusión:

10.-Instancia fóra de prazo.

21.-Importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.

51.-Instancia incorrecta (falta de sinatura).

53.-Falta do DNI ou DNI incorrecto.

54.-Non ter cumpridos os 18 anos.

55.-Non cumpri-lo requisito de titulación.