Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 276/2001 IN e OU 313/2001 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, modificada pola Lei

4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto

3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta contable 840, código 001, clave 390072, de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 14 de xaneiro de 2000.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU 276/2001 INNoemia Dasilva Costa

1390348-K

Estrada Salgueiro nº 23, ático

San Cibrao das Viñas (Ourense)

Abandono vehículo

OR-2726-D

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 313/2001 INEduardo Jaime Pérez Álvarez

34573685

Cales-Vilar de la Barra

32152 Coles (Ourense)

Abandono vehículo

OR-1102-F

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.