Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: retranqueo L.M.T. D.C. en polígono Vilar do Colo.
Situación: Cabanas e Fene.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-110, de 726 m de lonxitude, coa orixe na liña de subestación Vilar do Colo-Fene (expediente 115/94), e final na mesma liña unha vez discorridos cinco vans do novo tramo da liña. Concellos de Cabanas e Fene.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 28 de decembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña