Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO Resolución do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/453-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. e C.T. Troncaliño-trav. de Vigo 204.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 175 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. existente, á altura do C.T. Troncaliño que se vai desmontar, alimentando en bucle o que se proxecta na trav. de Vigo 204, no concello de Vigo, rematando no punto de incio da liña. C.T. de 800 kVA relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra