Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete á información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial no solo delimitado dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.

En consonancia co sinalado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e en cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial no solo delimitado dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo