Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.854

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais.

Advertidos erros no anexo da citada resolución, publicada no DOG nº 30, do 11 de febreiro de 2002, procede efectua-las seguintes rectificacións:

Onde di: «Arbores Maciñeira, Pablo» e «Rodríguez Taboada»; debe dicir: «Arbones Maciñeira, Pablo» e «Rodríguez Taboada, José Luis».