Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias, procédese á publicación deste acordo.

O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do día 29 de xaneiro de 2002, acordou a publicación do seguinte acordo do expediente de modificacións puntuais do PXOM.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos trámites e actuacións esixidas na normativa vixente, especialmente na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como a Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias e normativa sectorial de aplicación.

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de modificacións puntuais do PXOM de Lalín xunto cos documentos e planos que forman parte del autenticados, expediente tramitado por instancia municipal e redactado polo arquitecto superior Javier Bugallo Thielen.

Segundo.-Proceder a realiza-los trámites tendentes a cumpri-lo disposto na Lei /1995, do 29 de xuño, de distribución e delegación de competencia, publicando o acordo no DOG o acordo e texto da normativa no BOP, e remitindo un exemplar completo do expediente e dous exemplares da normativa á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lalín, 1 de febreiro de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado