Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Chantada, en sesións do día 27 de novembro de 2001 e do 7 de xaneiro de 2002, acordou probar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante do dito PXOM polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante do PXOM no salón de sesións da casa do concello e presenta-los escritos de alegacións que consideren convenientes.

Conforme o acordo de aprobación inicial quedan suspendidas as licencias de parcelación de terreos, edificación, demolición e actividades en todos aqueles supostos en que as determinacións do plan revisado sexan contrarias ás do plan vixente, ou sexa:

Zona A: no núcleo urbano de Chantada, en todo o solo urbano non consolidado, onde se atopan delimitados os polígonos comprendidos entre o P-1.1 ata o P-24.1, ambos incluídos.

Zona B: no solo rústico; en todo o solo rústico que sexa obxecto de protección especial.

Igualmente, acordouse interrompe-lo procedemento de concesión de licencias solicitadas con anterioridade á aprobación inicial, cando o seu contido sexa contrario ás previsións da nova ordenación.

Chantada, 9 de xaneiro de 2002.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Alcalde