De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-2236/00 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de
manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-2336/00.
Inculpado: Bereijo Ponte Construcciones, S.L.
Domicilio: r/ Escorial, nº 97, 15404 San Xoán (Ferrol).
Motivos: incumprimento das normas relativas a documentación e información e negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.
Data da iniciación: 10-12-2001.
A Coruña, 16 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña