Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-293/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-293/2001.

Denunciado: Julio Cerredelo Diz.

Enderezo: Barrio Los Rosales, 33-1º D, Ourense.

Establecemento: Podium, sito na Praza da Alameda de Verín (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro (BOE do 22 de febreiro).

Sanción prevista: multa de ata 300,51 euros.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o disposto no Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3 e 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación, para exercer perante a instructora Rosa Mª Novoa Vega, funcionaria desta delegación provincial, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita na Avda. da Habana, número 79-2º esqda., oficina 3ª de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado con anterioridade a iniciación poderá ser conside

rada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 29 de xaneiro de 2002.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense