Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pena Gorda para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 094-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pena Gorda, coas seguintes características:

Peticionario: Aproelec Coruña, S.L., r/ Manuel Piñeiro Pose, nº 3, 1º-C, pol. Pocomaco, r/ nº 2, par. E-39/nave A, 15190 A Coruña.

Situación: concellos de Ourol e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.612.845,00; 4.820.510,00), V (0.611.636,00; 4.820.800,00)

V (0.611.234,00; 4.819.611,00), V (0.610.821,00; 4.819.312,00)

V (0.610.422,00; 4.818.311,00), V (0.610.815,00; 4.817.536,00)

V (0.611.885,00; 4.817.536,00), V (0.612.185,00; 4.818.465,00)

V (0.611.700,00; 4.818.851,00), V (0.612.309,00; 4.818.851,00)

Superficie afectada: 445,2407 ha.

Potencia bruta: 16 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 6 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO