Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 13/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo

que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Renovables Costa Coruña, S.L.

Enderezo: r/ Menéndez Pelayo, 1-4º, 15005 (A Coruña).

Denominación: parque eólico de Bens.

Concellos afectados: A Coruña, Arteixo (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=544.000; Y=4.800.000) V: (X=544.000; Y=4.801.000).

V: (X=543.500; Y=4.801.000) V: (X=543.000; Y=4.800.500).

V: (X=543.000; Y=4.800.000)

Potencia que se vai instalar: 2,4 Mw.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña