Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Ribero Álvarez, Vicenta).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Ribero Álvarez Vicenta

DNI: 32804489-A

R/ Deán Pequeno, 53-2º

Ribeira (A Coruña)

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente sancionador

nº 85/2001.

Período: 1997.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA