Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servicio de limpeza do edificio municipal: centro público integrado Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo.

Aprobado polo Pleno Municipal, en sesión ordinaria do 25 de outubro de 2001, o prego de condicións para a adxudicación, mediante concurso e procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servicio de limpeza do centro público integrado Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, exponse ó público o seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Carballeda de Valdeorras.

2. Obxecto do contrato: adxudicación da prestación do servicio de limpeza do edificio municipal centro público integrado Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, de conformidade coa descrición detallada de tarefas para realizar previstas no prego de condicións.

3. Duración do contrato: dous anos contados desde a data de inicio da prestación do servicio, prorrogables por períodos anuais ata un máximo de dúas prórrogas.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto e concurso.

5. Orzamento de licitación: non se sinala prezo do contrato, debe ser ofertado polos licitadores.

6. Garantías: provisional: non se esixe; definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras.

Domicilio: Sobradelo de Valdeorras.

Teléfono: 988 33 50 02.

Fax: 988 33 53 79.

8. Capacidade para contratar: regulada no prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP de Ourense ou no DOG.

Presentaranse dous sobres pechados, sobre A (Proposición económica segundo modelo previsto no prego), sobre B (Documentación), en cada un dos cales se fará consta-lo contido e nome do licitador (cláusula IX do prego).

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os contidos na base XII do prego de cláusulas.

11. Apertura de ofertas: a mesa de contratación reunirase ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 14 de xaneiro de 2002.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa