Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

CONVOCATORIA pública para elección de xuíz de paz substituto.

Obxecto:

A elección de xuíz de paz substituto do Xulgado de Paz de Baiona, de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica do poder xudicial.

Prazo de presentación das solicitudes:

Ata o 28 de febreiro de 2002.

Condicións legais dos aspirantes:

1. Ser español.

2. Maior de idade.

3. Non estar incurso nas incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación que se xuntará á solicitude:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2, número 1º, a) da Lei 68/1980 referente a si se encontra inculpado ou procesado.

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Baiona, 11 de xaneiro de 2002.

Benigno Rodríguez Quintas

Alcalde