Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza das dependencias do Consello da Cultura Galega.

O Consello da Cultura Galega, unha vez cumpridos os trámites administrativos e en virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anuncia o concurso que seguidamente se cita.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consello da Cultura Galega.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do proxecto: contratación do servicio de limpeza das dependencias do Consello da Cultura Galega.

3. Prazo de execución: doce meses a partir da data de adxudicación do contrato.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación do contrato.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

5. Orzamento base da licitación: dezaseis mil cincocentos vintesete euros con oitenta e tres céntimos (16.527,83 A).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Admisión de variantes: si se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala ata o último día de presentación das proposicións tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, no rexistro do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, C.P. 15705, teléfono 981 56 90 20 e fax 981 58 86 99.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do Consello da Cultura Galega ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38 da Lei 4/1999.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas, nas dependencias do Consello da Cultura Galega; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2002.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega