Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Gandeiros de Vacún Monte do Cereixo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e

Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeiros de Vacún Monte do Cereixo, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: municipios de Gondomar, Tomiño, O Rosal, Baiona e Santa Mª de Oia.

Profesional: tódolos propietarios de gando vacún que residan dentro do ámbito territorial de actuación.

Asinan a acta de constitución: Jorge Casas Bouzada e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 21 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra