Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega para o Desenrolo da Muller no Ámbito Sanitario.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega para o Desenrolo da Muller no Ámbito Sanitario, que abranguen os seguintes Ámbitos.

Territorial: municipio de Vigo.

Profesional: promoción profesional e acceso a postos de traballo dos asociados, así como formación profesional e cidadá en enfermería.

Asinan a acta de constitución: Estefanía Fernández Gayoso e outras.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 28 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra