Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións e obras constitutivas dun aproveitamento hidroeléctrico. (Expediente IN407A 01/264-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, así como no artigo 123 da Lei de augas, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, sométese a información pública a petición da autorización, aprobación do proxecto, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación que leva implícita, do aproveitamento hidroeléctrico no seu conxunto, que se describe a continuación:

Solicitante: Engasa. Energía de Galicia, S.A.

Domicilio social: rúa Londres, 11 B-baixo, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: central hidroeléctrica no río Umia.

Situación: concellos da Estrada e Cuntis.

Descricións técnicas: central hidroeléctrica no río Umia, entre as cotas 320,00 e 250,10, composta por azude, toma, canle de derivación de 1.630,942 m de lonxitude, cámara de carga, encanamento forzado de 239,6 m de lonxitude, casa de máquinas, con dúas turbinas de eixe horizontal de 2,665 m de caudal máximo e un salto neto nominal de 64,85 m, adaptadas a dous xeradores de 1.700 kVA, cunha tensión de saída de 6.000 V e un transformador de potencia de 3.500 kVA, R/T 6/20 kV e outro de servicios auxiliares de 160 kVA, R/T 6/0,38 kV e canle de restitución.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Nº expediente: IN407A 01/264.

Central hidroeléctrica no río Umia.

Concello de Cuntis.

Nº finca: 1.

Cultivo: monte.

Propietario: comunidade de montes de Sebil. Pta. Josefa Ferrín González, Sebil-Cequeril-Cuntis.

Superficie (m): 5.100.

Servidume (m): 850.