Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. Camiño da Calzada.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, con conductor tipo LA-56, de 80 m de lonxitude, desde o apoio proxectado tipo C/9000/18 da L.M.T. D/C bal 7.08 e 7.02 ata o C.T. existente de Coruxo-Combro. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 330 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio proxectado C/9000/18 D/C bal 7.08 e 7.02 ata o apoio existente D/11 da mesma liña. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra