Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a solicitude única, no ano 2002, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras.

Advertidos erros, na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 13, do venres 18 de xaneiro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 668, artigo 15º, parágrafo primeiro, terceira liña, onde di: «... é o 31 de maio de 2001, agás para o millo doce que será o 15 de xuño.», debe dicir: «... é o 31 de maio de 2002, agás para o millo doce, que será o 15 de xuño.».

-Na páxina 673, artigo 31º, parágrafo terceiro, décima liña, onde di: «...(CE) 1254/2001,...», debe dicir: «... (CE) 1254/1999, ...».

-Na páxina 675, artigo 38º, parágrafo primeiro, alínea b), sexta liña, onde di: «UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 80 mm/ano.», debe dicir: «UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 80 mm/ano. En todo caso, a explotación deberá ter unha carga gandeira mínima de 0,2 UGM por hectárea».

-Na páxina 676, artigo 38º, parágrafo primeiro, alínea e-1, onde di: «Touros, vacas e outros bovinos de máis de 12 meses...», debe dicir: «Touros, vacas e outros bovinos de máis de 24 meses...».

-Na páxina 678, no artigo 45º, parágrafo undécimo, segunda liña, onde di: «...infraccións previstas nas alíneas 7 e 8...», debe dicir: «...infraccións previstas nos apartados 7 e 8...».

-Na páxina 678, no artigo 45º, parágrafo duodécimo, terceira liña, onde di: «...nos puntos 7 e 8...», debe dicir: «...nos puntos 9 e 10...».