Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

En cumprimento co disposto nos artigos 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e no 128 do Regulamento do planeamento, faise público que o Concello de Tui, en sesión do Pleno do pasado 31 de decembro de 2001, prestou aprobación inicial ó expediente de modificación puntual nº 6 do PXOU ámbito de execución nº 6 do PXOU, para os efectos de ordenar pormenorizadamente o ámbito adxacente á futura localización da estación de autobuses, nas condicións que indica a Dirección Xeral de Urbanismo no seu informe do 26 de setembro de 2001.

Durante o prazo dun mes desde a última publicación deste anuncio no DOG e xornal de tirada provincial, o expediente queda sometido a información pública; pode examinarse nas oficinas muni

cipais e presentarse, se é o caso, as alegacións que se consideren oportunas.

Tui, 4 de febreiro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde