Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/143 e outro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándoo de que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Jurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción

InfrinxidoSancionador

PO-I-01/143José Alonso Barciela

Rúa Fontanes, 12-baixo

36214 Vigo

Queima agrícola sen autorizaciónArtigo 137 b) do Regulamento da LIFArtigo 139 do Regulamento da LIF30,06 euros

PO-I-01/192Juan A. Pérez Martínez

Os Cotos, 24-Dorrón

36966 Sanxenxo

Queima sen autorización en época prohibidaArtigo 137 b) do Regulamento da LIFArtigo 139 do Regulamento da LIF30,06 euros