Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. edificio hotel Colón-r/ Colón, nº 11.
Situación: Concello de Tui.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente no instituto de Tui, na rúa Colón, ata o C.T. que se proxecta no edificio do hotel Colón, na rúa Colón nº 11, no concello de Tui, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra