Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso, que debe de efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código cliente 417, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.
Para que conste, e sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 2002.
Carlos A. González Rodríguez
Subdirector xeral de Inspección de Transportes
ANEXO
infrinxido sancionador imposta
-Expediente-Matrícula-Denunciante -Denunciado-Último enderezo coñecido -Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k. -Precepto
-Precepto
-Sanción
C-1914-BP
3325183846L145100492 Liñares s/n
15911 Rois (A Coruña)
9-10-2001; 11.39; CP-701; 3 R.D.1211/1990 16/1987, art. 201
R.D. 1211/1990 C-9615-BD
LOITC50799623 Paleo 12
15175 Carral (A Coruña)
19-2-2001; 10.30 R.D.1211/1990 16/1987, art. 201
R.D. 1211/1990DX-00369-I-2001
Luis Manuel Seco Mirón
Realizar transporte de mercadorías (leite) co vehículo matrícula C-1914-BP, (vehículo ríxido de 2 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MPC-nacional, o citado vehículo está autorizado cunha M.M.A. de 3.500 kg e presenta un peso total en báscula de 4.900 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 1.400 kg que representa un 40% de exceso sobre a M.M.A. do vehículo.
Art. 200.3º
Art. 143 Lei
75.000 ptas. XC-00392-I-2001
Ángel López Blanco
Realizar transporte privado de mercadorías perigosas (bombonas de butano) co vehículo matrícula C-9615-BD, levando 85 bombonas de butano cheas, resultando un peso de 2.125 kg e unha tara de 2.340 kg representando entre ambos un total de 4.465 kg. estando autorizado para un PMA de 3.500 kg o que supón un 27% de exceso sobre o PMA do vehículo. (Vehículo lixeiro).
Art. 200.3º
Art. 143 Lei
50.000 ptas.