Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO do 26 de decembro de 2001, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, de concurso de cesión de animais das razas porco celta e ovella galega, propiedade do Inorde.

No BOP de Ourense do día da data publícase íntegro o prego de condicións para a cesión de animais das razas porco celta e ovella galega, mediante concurso. As ofertas e documentación presentaranse ata as 14 horas do 15º día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do

Inorde. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial, rúa Progreso, 32. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Inorde, rúa Progreso, 28, ou por teléfono 988 39 10 85 e fax 988 39 19 62.

Ourense, 26 de decembro de 2001.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico