Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Vista a comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, informando sobre o vencemento do período polo que se nomeou xuíz de paz titular deste municipio.

Co obxecto de proceder á elección do dito cargo, toda aquela persoa que cumpra cos requisitos esixidos para optar a el porá formular petición ante esta alcaldía dentro do termo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio.

Moaña, 17 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado