Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria. (Expediente C.P. 4/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000. Convoca o seguinte concurso:

Expediente 4/02.

1. Obxecto: servicio hixienizado de lencería hospitalaria.

2. Orzamento: 156.263 (26.000.000 de pesetas), IVE incluído.

3. Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

8. Solvencia económica e financeira:

9. Solvencia técnica:

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 11.1.).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rua Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, Fax: 986 81 60 65, ou a través da páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partires do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 10 de xaneiro de 2002.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo