Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/464-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Santiago de Oliveira.

Situación: concello de Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 300 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Candeiriño-Celeirós ata o C.T. que se proxecta en Santiago de Oliveira, no concello de Ponteareas, de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 6.700 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra