Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.586

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (541/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 541/2001, seguidos por instancia de Domingo González López contra a empresa Zanquiles Galicia, S.L. e Julián Ramos Izquierdo, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 27 de novembro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 541/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Domingo González López, representado polo letrado Francisco Longarela Buíde. Non

comparecen os demandados Zanquiles Galicia, S.L. e Julián Ramos Izquierdo, malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando substancialmente a demanda interposta por Domingo González López, sobre cantidade, e na súa calidade de herdeiro lexítimo de Mª Asunción González Gándaras, contra a empresa Zanquiles Galicia, S.L., debo condenar e condeno á demandada a lle aboar ó demandante a suma de duascentas vintetrés mil oitocentas vintesete pesetas brutas (223.827 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o codemandado Julián Ramos Izquierdo, simple administrador da patronal, por non o alcanzar ningunha responsabilidade nesta litis.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe interpor ningún recurso, polo que se declara a súa firmeza (ex art. 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248.4º da LOPX).

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Zanquiles Galicia, S.L. e Julián Ramos Izquierdo, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Lugo o dezasete de xaneiro de dous mil dous.

Rubricado