Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.580

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións recaídas nos recursos de reposición formulados por non faceren consta-los interesados ningún domicilio para efectos de notificacións.

Con data do 24 de xaneiro de 2002 o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolucións polas que se desestiman os recursos de reposición formulados polas persoas que se sinalan no anexo, contra a Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira (DOG nº 238, do 11 de decembro).

Os recorrentes non fixeron constar no escrito de interposición do recurso ningún domicilio, polo que se ignora o lugar da notificación.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en virtude do presente anuncio, notifica ás persoas que se sinalan no anexo, a Resolución do 24 de xaneiro de 2002 do recurso de reposición formulado por elas contra a referida Orde do 29 de novembro de 2001.

Os recorrentes poden recolle-las respectivas resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución, ou ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2º e 10

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

-Rocío Fortes Pérez.-Clara Pazos Justo.-Silvia Piedracoba Varela.-Rosa Mª Pérez Lomba.-Águeda B. Iglesias Fernández.