Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xaneiro de 2002 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Santa Teresa de Jesús, de Ourense.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa Teresa de Jesús, de Ourense, no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Santa Teresa de Jesús, de Ourense, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117, da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: r/ Peña Trevinca, 2.

Código do centro: 32008513.

Denominación: Santa Teresa de Jesús.

Titular: Hermanas Carmelitas de la Caridad.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 5.

Unidades novas autorizadas: 1.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais; tecnoloxía e artes.