Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.563

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 25/2002, do 24 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento de vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, así se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 220/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomea-los vocais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

En concordancia co Decreto 350/1997, do 10 de decembro de 1997, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral do Turismo, polo disposto no artigo 2.VI do Decreto 8/1998, do 8-1-1998 polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, quedou integrada nesta con carácter de Dirección Xeral de Turismo.

Producida a vacante do vocal representante da Dirección Xeral de Turismo no Consello de Administración do ente público, como consecuencia do cesamento, por Decreto 277/2001, do 25 de outubro, por paso a outro destino do titular dela, e o posterior nomeamento de novo titular da devandita Dirección Xeral de Turismo, e vista por proposta emitida pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na súa reunión do día vintecatro de xaneiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.

Que cese como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados:

1. En representación da Administración autonómica:

-Dirección Xeral de Turismo: Aurelio Miras Portugal.

Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuiña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA