Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial relativo a un aproveitamento hidroeléctrico outorgado a Energía de Galicia, S.A. (Engasa) no río Umia, concellos de Cuntis e A Estrada. (Clave 4/253/4).

O 29 de novembro de 2001 o Consello da Xunta acordou aprobar definitivamente como plan sectorial

de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías de Galicia Costa que fora declarado, por acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A sociedade Energía de Galicia, S.A. (Engasa) presentou para a súa tramitación e, en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías de Galicia Costa, un proxecto sectorial relativo ó aproveitamento hidroeléctrico no río Umia outorgado ó seu favor mediante resolución de Augas de Galicia do 13 de decembro de 2000.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º de mencionada Lei 10/1995 e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese á información pública o referido proxecto sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado proxecto, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza Camilo Díaz Valiño, s/n, 15781 Santiago de Compostela) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia