Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002 pola que se convoca un curso sobre O portal dos concellos de Galicia: O EidoLocal, dirixido ó persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2002, e ó amparo do convenio subscrito con data 15 de xaneiro de 2002 para a creación do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre O portal dos concellos de Galicia: O EidoLocal, dirixido ó persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Forma-lo persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma sobre a utilización dos contidos e servicios dispoñibles no portal EidoLocal coa finalidade de facer completamente real o uso da Internet como vía de comunicación entre a Administración local, os seus cidadáns e a Administración autonómica, e posibilitando que as xestións administrativas e as comunicacións poidan realizarse telematicamente.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Número de edicións: 30.

3.2. Duración: 10 horas cada edición.

3.3. Lugares: 6 edicións por provincia e 6 en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela: aula de informática do 2º andar da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4

A Coruña: Delegación da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Praza de Pontevedra, 22.

Lugo: edificio administrativo. Baixo 2.º. Ronda da Muralla, 70.

Ourense: Delegación da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Avda. da Habana, 79.

Pontevedra: Delegación da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Rúa Benito Corbal, 47. Planta baixa.

3.4. Datas:

Santiago de Compostela:

1ª edición: 8 ó 11 de abril.

2ª edición: 15 ó 18 de abril.

3ª edición: 22 ó 25 de abril.

4ª edición: 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio.

5ª edición: 6, 7, 8 e 10 de maio.

6ª edición: 13 ó 16 de maio

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra:

1ª edición: 15 ó 18 de abril.

2ª edición: 22 ó 25 de abril.

3ª edición: 6 ó 9 de maio.

4ª edición: 13 ó 16 de maio.

5ª edición: 20 ó 23 de maio.

6ª edición: 27 ó 30 de maio.

3.5. Horarios: De 17 a 19.30 horas

3.6. Prazas: 20.

Cuarta.-Criterios de selección.

A selección dos participantes farase establecendo as seguintes prioridades:

1. Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma, que pertenzan a un concello actualmente adherido ó convenio para a implantación e desenvolvemento dos servicios informáticos e de telecomunicacións o que permite o acceso ós servicios de consulta e xestión administrativa proporcionados polo portal.

No caso de que nunha provincia ou en Santiago de Compostela o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (120 para Santiago de Compostela e 120 para cada unha das provincias), establecerase a prioridade en función da antigüidade de adhesión do seu concello ó convenio (data de publicación no DOG do comezo da actividade como servicio de portelo único, do máis antigo ó máis recente), admitíndose en principio un representante por cada concello e en función do número de prazas: dous representantes, tres, etc. Ata cubrir tódalas prazas.

2. No caso de quedar vacantes admitirase persoal das corporacións locais que pertenza a un concello que non estea adherido ó convenio anteriormente citado, pero que estea interesado no coñecemento da funcionalidade do portal, os criterios de selección suxeitaranse as directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Unha vez efectuada a selección dos participantes, publicarase no taboleiro de anuncios da escola, nas páxinas web: www.egap.xunta.es e www.eidolocal.es e notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo a esta resolución, deberán cubrirse tódolos seus epígrafes e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n; 15704 Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións, nos rexistros de portelo único ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para axiliza-la xestión e control das solicitudes efectuadas, poderá face-la súa preinscrición no portal www.eidolocal.es ou adiantando a instancia por telefax: 981 54 52 74. A dita preincrición non exime da presentación da instancia en calquera dos rexistros citados no parágrafo anterior e carece de efecto como data de solicitude.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade nos cursos, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemen

te, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Unha vez rematadas tódalas edicións do curso publicarase a lista das cualificacións obtidas polos participantes nas páxinas web: www.egap.xunta.es e www.eidolocal.es e os diplomas-certificación de asistencia serán remitidos ós asistentes ó enderezo indicado na súa solicitude.

Sétima.-Modificacións.

O desenvolvemento dos cursos e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adaptalos ás necesidades da Administración e ás contixencias que poidan xurdir.

Oitava.-Contido.

O portal dos concellos de Galicia en Internet (EidoLocal). Contidos e servicios dispoñibles en Eidolocal: zona de acceso público e zona de acceso privado ós concellos. Xestión de contidos por parte dos concellos. A certificación electrónica e a sinatura dixital.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública