Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002 pola que se convoca un curso sobre Autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre Autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

1. Iniciarse nos coñecementos de expresión gráfica.

2. Coñecer e manexar paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.

3. Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente ó persoal en activos en departamentos tales como atestados, sinalización, etc., ou interesados en traballar nun futuro, que teñan un coñecemento alto do contorno Windows; e, no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 30.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 22 de febreiro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro de tráfico, e seladas; será este o requisito indispensable para ser admitido nos cursos e o incumprimento deste requisito comportará a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

O curso terá unha duración total de 60 horas, dividido en dúas partes:

1ª parte: que será presencial, cunha duración de 40 horas, e desenvolverase durante os días 27 de

febreiro, 6, 13 e 20 de marzo e 3 de abril, das 10 ás 14 horas e das 15.30 ás 19.30 horas.

2ª parte: a distancia, consistente en 20 horas, coa titoría do profesor ó longo do curso, e que consistirán na realización dun traballo acorde co exposto nel.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 25 de febreiro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na aula de informática da Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 28 de xaneiro de