Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 4 de febreiro de 2002 pola que se concede novo prazo de presentación de solicitudes para a realización de cursos de formación para o persoal da escala de axentes forestais.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e publicadas as relacións definitivas de admitidos e excluídos para a asistencia ós cursos de formación para a escala de axentes forestais, convocados por Orde do 17 de decembro de 2001 (DOG nº 246, do 21 de decembro), cabe a posibilidade de que se incorporen á realización dos cursos novos aspirantes, tendo en conta as prazas dispoñibles e os criterios organizativos dos referidos cursos.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A partir do día seguinte ó da publicación desta orde ábrese un prazo de cinco días hábiles para a presentación de solicitudes, que serán presentadas no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo de que se poidan presentar en calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 2º

As listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos publicaranse de conformidade co disposto na orde de convocatoria.

Artigo 3º

Os aspirantes admitidos incorporaranse ós modulos de conformidade coa distribución que faga a Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, de xeito que poidan participar en cada un deles.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente para dictar cantas disposicións complementarias sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente