Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.475

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a adquisición dun sistema de automatización en manipulación de líquidos e pipeteado.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición

dun sistema de automatización en manipulación de líquidos e pipeteado, con software para pooles que permita, ademais, a realización física dos pooling, o seguimento, identificación e a conexión coa base de datos, con puntas desbotables.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.

Importe máximo: 120.000 euros (IVE incluído).

Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador; no exterior do sobre deberá consta-la referencia: EXP.02/02. O prazo de presentación de ofertas será de 10 días contados a partir do día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Roberto García de Villescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia