Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (63/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 13 de decembro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SU-48, por instancia de Manuel Seguín Vidal, en representación de Leidove, S.L., coas condicións sinaladas polo Servicio de Enxeñería, o Servicio Eléctrico e enxeñeira municipal da Concellería de Medio Ambiente, así como a suxestión efectuada polo Servicio de Enxeñería no informe do 20 de novembro de 2001, do que se dará traslado ó interesado, coas modificacións introducidas nos planos presentados con data do 13 de novembro de 2001, que deberán ser aceptados por Ramón Madriñán Rodríguez, en comparecencia pública no Concello de Ourense e logo de constitución de garantía para a execución das obras na cantidade de 61.521.221 pesetas.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do regulamento de planeamento.

Ourense, 9 de xaneiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente