Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.439

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de febreiro de 2002 pola que se dispón o cesamento por paso a outro destino do vocal dos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, San Cibrao, Ferrol e a súa ría, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra e de Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o presente acordo.

En consecuencia,

DISPOÑO:

O cesamento por paso a outro destino de Benito González Aller como vocal dos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, San Cibrao, Ferrol e a súa ría, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra e de Vigo e a súa ría, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda