Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de xaneiro de 2002 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas C.C.C. I e Consuelo e Silvia IV.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas C.C.C. I e Consuelo e Silvia IV e das concesións administrativas que as ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 24-10-2001, Josefa Blanco Paredes 35934479-S solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas C.C.C. I e Consuelo e Silvia IV.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-Os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas

augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mª Josefa Cosque Blanco (35302571-D), das concesións administrativas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.C.C. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 55.

Polígono: D.

Distrito: Cangas.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 25-11-1964 (BOE nº 294).

Remate da vixencia: 8-12-2004.

Actual titular:

Josefa Blanco Paredes (DNI 35934479-S).

Novo titular:

Mª Josefa Cosque Blanco (35302571-D).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Consuelo e Silvia IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 27.

Polígono: D.

Distrito: Cangas.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 11-3-1960.

Remate da vixencia: 22-3-2005.

Actual titular:

Josefa Blanco Paredes (35934479-S).

Novo titular:

Mª Josefa Cosque Blanco (35302571-D).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anteriore desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra