Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/474-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T e C.T. r/ Tenente Domínguez, 68.

Situación: concello do Grove.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, entre os CC.TT. Graña e A Vía-A Toxa. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 17 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o apoio da L.M.T. aérea proxectada ata o C.T. que se proxecta na r/ Tenente Domínguez nº 68, no concello do Grove, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra