Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.406

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (231/2000).

Eu, Rosa María Acero Salomón, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 231/2000, seguido ante este xulgado por unha falta contra a orde pública, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di o seguinte:

Negreira, 5 de xuño de 2001.

Ana López-Suevos Fraguela, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Negreira, dictou esta resolución nos autos do xuízo de faltas número 231/2000, seguido por este xulgado, sendo denunciante o Ministerio Fiscal e Ana Victoria Quintas Blanco, e denunciado Rogelio Vilas Juncal.

Dispoño que debo condenar e condeno a Rogelio Vilas Juncal como autor dunha falta de furto prevista no artigo 623 do Código penal en grao de tentativa, a unha pena de quince días de multa a razón de 200 pesetas/día e custas.

Contra esta sentencia cabe recurso que se interpoñerá no prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Inscríbase no Libro Rexistro deste xulgado.

Así, por esta a miña sentencia, pronuncio, mando e asino.

E para que conste e lle sirva de notificación a Rogelio Vilas Juncal, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o 6 de xuño de 2001.