Por Resolución do 11 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 21 de decembro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.
Transcorrido o prazo regulamentario para presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de seleccción de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base 1.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 8 de outubro
de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.
A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.
As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no da delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, gru
po/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Nome DNI Exclusión
Costas Comesaña, Alberto 36123951-J 53
Fernández Barreiro, Álvaro 35470436-C 55
Causas de exclusión
53 Falta do DNI ou DNI incorrecto
55 Non cumpri-lo requisito de titulación
CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,
MULLER E XUVENTUDE