Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., Pena Trevinca.
Situación: O Barco de Valdeorras.
Descricións técnicas: liña subterránea a 15 kV, en conductor R.H.V. 1 12/20 kV, de 350 m con orixe na L.M.T. subt. Ramón y Cajal e remata na L.M.T. subt. Ramón y Cajal-2 logo de alimenta-lo C.T. non prefabricado na r/ Pena Trevinca, de 630 kVA, R/T 15.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 17 de decembro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense