Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01100-O-2001 e once máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral

de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 14/200002630 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación, ós/ás citados denunciados/as, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 9 de xaneiro de 2002.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-01100-O-2001

M-9214-US

G.C. Tráfico

Instalaciones y Montajes Exteriores, S.L.

Río Ebro, 7

28913 Leganés (Madrid)

Circular cun vehículo de 3ª categoría, transportando mobles de oficina, carecendo da tarxeta de transportes. Presenta fotocopias sen compulsar.

30-3-2001; 13.10; A-52; 124

Art. 142-B Lei 16/1987

Art. 199-B R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

30,05 euros
OU-01383-I-2001

OR-2293-P

Inspección de transportes

Amadeo Mojón González

Roi Páez, 9-4º

32004 Ourense

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

4-5-2001

Art. 141-C Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
OU-01454-O-2001

M-7481-YC

G.C. Tráfico

Serv. de Mediación de Tte. Galitráns, S.L.

O Piñeiro-Piñor, 13

32630 Barbadás (Ourense)

Realizar en vehículos lixeiros, alugados por un prazo inferior a un mes, transporte público de mercadorías, (paquetería), sen levar a bordo xustificante de que a empresa transportista está ó día no pagamento do imposto de actividades económicas, (IAE).

30-4-2001; 12.15; N-525; 257

Art. 142-B Lei 16/1987

Art. 199-B R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
OU-01516-O-2001

4244-BBH

G.C. Tráfico

Car Lac, S.L.

Calle B (zona ind. Barreiros), s/n

32911 San Cibrao das Viñas (Ourense)

Circular co vehículo indicado, transportando embutidos, realizando transporte privado complementario, cun peso bruto de 4.050 kg, tendo a MMA de 3.500 kg cunha tara de 2.300 kg, levando un exceso de peso de 550 kg, equivalente ó 15%. Tiquet de pesaxe nº 799, efectuado con básculas Haenni WL 103, nº 1688-1694.

19-4-2001; 9.05; OU-CV-674; 4

Art. 142-E Lei 16/1987

Art. 199-E R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

90,15 euros

OU-01559-O-2001

4799 BBN

G.C. Tráfico

José Pregal Mouriño

Alcázar de Toledo, 34-4º E

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Non facer constar no contrato de alugamento o prazo de validez seu. Contrato de aluguer nº 07998. Só figura a data de inicio do aluguer (24-4-2001 ás 19.45 horas).

25-4-2001; 19.50; N-540; 9,9

Art. 142-B Lei 16/1987

Art. 199-B R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

60,10 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-01568-O-2001

2417 BBS

G.C. Tráfico

Golpe Frontal, S.L.

Bautista Paz Andrade, 60, baixo

36003 Pontevedra

Circular cun camión realizando un servicio privado complementario transportando accesorios de vehículos, non acredita a tarxeta de transportes.

4-5-2001; 3.20; A-52; 181

Art. 141-B Lei 16/1987

Art. 198-B R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
OU-01704-O-2001

O-5729-BS

G.C. Tráfico

Medina Metal, S.A.

González Besada, 7

3307 Oviedo (Asturias)

Circular cunha furgoneta transportando 8 pasaxeiros e realizando como servicio da súa actividade laboral como privado complementario, carecendo dos distintivos da súa tarxeta.

21-5-2001; 9.40; A-52; 181

Art. 142-C Lei 16/1987

Art. 199-C R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

90,15 euros
OU-01716-O-2001

PO-5132-AT

G.C. Tráfico

Alfonso Domínguez Miniño

A Romana (A Ramallosa), 2

36370 Nigrán (Pontevedra)

Realizar en vehículos lixeiros alugados por prazo inferior a un mes, transporte de mercadorías (transporta unha autocaravana matrícula C-7526-I) propiedade de Ricardo Pereira Alonso, sen levar a bordo do vehículo fotocopia compulsada da tarxeta en que se documente a autorización da empresa alugadora. Presenta fotocopia da tarxeta clase ASCS-T sen compulsar. Contrato de aluguer nº 10024.

18-5-2001; 20.45; A-52; 240

Art. 142-B Lei 16/1987

Art. 199-B R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

30,05 euros
OU-01738-O-2001

PO-8570-BC

G.C. Tráfico

Agustín Montes Dávila

Sobreiro, 85-1

36205 Vigo (Pontevedra)

Circular cun vehículo da 3ª categoría, transportando aceite, minorando o descanso diario entre 7 e 8 horas. Realiza un descanso de 7 horas e 15 minutos, desde as 23 horas ata as 6.15 horas.

24-5-2001; 8.30; A-52; 132

Art. 142-K Lei 16/1987

Art. 199-L R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

240,4 euros
OU-01789-O-2001

OR-0941-H

G.C. Tráfico

Matadero Lauvi, S.L.

Faza y Carballido, s/n

27146 Lugo

Omisión de datos na parte central do disco diagrama, ó non inscribir os quilómetros cos que inicia a viaxe. O disco anterior que achega finaliza con 473,045 km día 24 de 5 de 2001. O odómetro marca no momento da inspección 473,185 km.

27-5-2001; 21.15; A-52; 224

Art. 142-L Lei 16/1987

Art. 199-M R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

30,05 euros
OU-01797-O-2001

3398 BBF

G.C. Tráfico

Automoción Cerquido, S.L.

Ánimas (Cabral), 18 Alza

36318 Vigo (Pontevedra)

Transportar pezas de automoción, carecendo de tódolos distintivos.

29-5-2001; 15.30; A-52; 124

Art. 142-C Lei 16/1987

Art. 199-C R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

90,15 euros
OU-01885-O-2001

PO-9995-AC

G.C. Tráfico

Neisfema, S.L.

Avda. Doctor Tourón, s/n

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Circular transportando unha formigoneira e material de construcción, carecendo na parte posterior do distintivo da tarxeta de transportes.

31-5-2001; 9.40; OR-P-00; 2

Art. 142-C Lei 16/1987

Art. 199-C R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

30,15 euros